SOBRE MUDEGA
Quenes somos?
MUDEGA somos persoas vinculadas ao mundo do deporte cunha inquieetude común: a visiblización e fomento do deporte feminino.
Que é MUDEGA?
MUDEGA nace para cubrir esa inquietude de visibilizar e apoiar o deporte feminino e as nosas deportistas, invisiblizadas históricamente.
Qué queremos?
MUDEGA nace e crece con tres obxectivos claros: igualdade, participación e asesoramento.
Qué facemos?
MUDEGA traballa todo o ano para dar visibilidade e apoio a clubes e deportistas.
Estatutos
MUDEGA é unha asociación rexistrada oficialmente, e como tal conta cuns Estatutos fundacionales.
Estrutura
MUDEGA traballa de xeito horizontal, máis formase como asoicación require unha estutura.
Galas do Deporte Feminino Galego
No ano 2011 celebramos en Pontevedra a I Gala do Deporte Feminino en Galicia, en colaboración co Concello de Pontevedra e coa axuda da Secretaría Xeral para o Deporte.Este acto permitiu amosar a fortaleza do deporte feminino, xa que entre os premiados contábamos con medallistas internacionais, deportistas olímpicas, xente cun espectacular curriculum e as veces descoñecidas para a cidadanía galega.
Nos anos posteriores, limitadas pola situación de crise económica que está a vivir o noso país e ao non contar con subvencións por parte das administracións, non sempre puidemos celebrar a Gala. No ano 2013 contamos coa colaboración do Concello de Ames e puidemos organizar a II Gala do Deporte Feminino en Galicia (entre as premiadas contabamos con tres medallistas olímpicas en Londres 2012) e no 2014 a III Gala do Deporte Feminino en Galicia tivo lugar no Concello de Porriño, tamén grazas ao apoio da administración local.
Tras un novo parón por falta de medios, no 2016 conseguimos organizar a IV Gala do Deporte Feminino en Galicia grazas á boa disposición do Concello de Allariz, que cunha pronta resposta á nosa petición de colaboración e facendose cargo de todos os gastos, permitiu remotar este evento, tan necesario para visibilizar ás nosas deportistas.
A continuidade é boa sinal para o deporte feminino, e ao igual que no 2017, agradecemos á Deputación Provincial de Pontevedra a súa colaboración na organización, esta vez en Vigo, da VI Gala do Deporte Feminino en Galicia.