Estatutos

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE MULLERES DEPORTISTAS GALEGAS

CAPITULO I

DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1º- Denominación e natureza

Coa denominación “Mulleres Deportistas Galegas” (MUDEGA) constitúese o día 24 de marzo de 2008, na localidade de Santiago de Compostela, provincia de A Coruña, unha entidade de natureza asociativa e sen ánimo de lucro, ao amparo do disposto no artigo 22 da Constitución Española, da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación e das demais disposicións vixentes ditadas no desenrolo e aplicación daquelas, así como das disposicións normativas concordantes. O réxime da asociación será establecido nos presentes Estatutos.

Artigo 2º. – Personalidade e capacidade

1. A asociación constituída ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, de xeito que lle permita levar a cabo tódolos actos necesarios para o cumprimento da finalidade para a que foi creada, de acordo co establecido no ordenamento xurídico.

2. Poderá federarse con outras entidades cos mesmos fins e obxectivos, ou adherirse a unha federación da mesma natureza, xa constituída.

Art.º 3º. – Domicilio

1. O domicilio social da Asociación radicará na rúa Ramón Cabanillas nº 21, 2º na cidade da Coruña, Provincia da Coruña.

2. Para levar a cabo un cambio de domicilio será necesario o acordo da Asemblea Xeral, convocada para este obxecto,e a modificación dos presentes Estatutos.

O acordo da Asemblea Xeral deberá ser comunicado o Rexistro de Asociacións no prazo dun mes, e somentes terá efecto, tanto para os asociados como para terceiros, dende que se produza a inscrición

Artigo 4º. – Ámbito de actuación

O ámbito territorial de realización das actividades da Asociación é a Comunidade Autónoma de Galicia

Artigo 5º. – Duración

A Asociación constitúese por tempo indefinido.

CAPITULO II

OBXETO DA ASOCIACIÓN

Artigo 6º. – Fins e actividades

1. Os fins da Asociación serán os seguintes:

a) Promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e loitar contra todas as formas de discriminación contra as mulleres e homes no ámbito deportivo.

b) Promover a participación e presenza das mulleres no ámbito do deporte.

c) Asesorar e colaborar coas institucións públicas e privadas de todo tipo no referente ao deporte en xeral e feminino en particular favorecendo seu desenvolvemento.

d) Fomentar o deporte como un medio básico para o desenvolvemento integral das persoas.

e) Fomentar e promover a participación das nenas/os, xóvenes e mulleres/homes na práctica deportiva regular e organizada.

f) Promover e fomentar actividades e programas de voluntariado entre todas as persoas, encamiñadas ó desenvolvemento e a práctica do deporte.

f) Propoñer cantas iniciativas sexan necesarias para unha mellor política deportiva tendo como prioridade o deporte feminino.

g) Colaborar con outras organizacións, asociacións, entidades e institucións públicas ou privadas para promocionar o deporte en xeral e o deporte femenino en particular.

h) Calquera outro fin dacordo cos presentes Estatutos e normas vixentes con respecto ao desenvolvemento das mulleres e homes no ámbito deportivo.

2. Para a consecución dos fins arriba expostos levaranse a cabo as seguintes actividades:

a) Actividades de asesoramento, información no ámbito do deporte.

b) Actividades dirixidas a promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres: actividades formativas, educativas, campañas de sensibilización,…

c) Actividades dirixidas á eliminación da tódalas formas de discriminación da muller no ámbito deportivo.

d) Actividades dirixidas os colectivos máis desfavorecidos.

e) Actividades dirixidas os máis xóvenes no ámbito do deporte e do tempo de lecer.

f) Outras actividades que se poidan desenvolver no cumprimento dos fins da Asociación.

CAPITULO III

ÓRGANOS DE GOBERNO E FORMA DE ADMINISTRACIÓN

SECCION 1ª

A ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS

Artigo 7º. – Asamblea Xeral de Socios

1. O órgano soberano da Asociación é a Asamblea Xeral de Socias o Asamblea Xeral, da que formarán parte tódolos socios que están en pleno uso dos seus dereitos sociais.

2. Adoita os seus acordos polo principio maioritario ou de democracia interna e deberá de reunirse, cando menos unha vez ó ano.

3. As Asambleas poderán reunirse con carácter ordinario e extraordinario, na forma e coas competencias que se indican nos presentes Estatutos.

Artigo 8º. – Lexitimación para a convocatoria das Asambleas.

1. As Asambleas serán convocadas pola Presidenta da Asociación, pode ser por iniciativa propia, por acordo da Xunta Directiva o cando sexa solicitado por escrito, cando menos por un 15% do número legal das socias.

2. Unha vez acordada a convocatoria da Asamblea Xeral por parte da Xunta Directiva, a Presidenta haberá de convocar a Asamblea nun prazo máximo de quince días naturais, para que a súa celebración teña lugar nun prazo de quince días a contar dende a data na que se efectúe a convocatoria.

3. A solicitude da convocatoria presentada polas socias haberá de conter expresamente a orde do día da sesión, achegando os documentos ou información que fose necesaria para adoitar os correspondentes acordos. A solicitude haberá de ser presentada na Secretaría da Asociación, que devolverá á presentadora unha copia selada da mesma.

A Secretaria da Asociación, tras a comprobación dos requisitos formais (número de socias, orde do día, documentación), dará conta á Presidenta, para que no prazo de quince días dende a súa presentación convoque a Asamblea, que haberá de celebrarse no prazo dos quince días seguintes dende a data na que se efectúe a súa convocatoria.

No caso de que a solicitude carecese dos requisitos formais antes citados, a Secretaria dará por non formulada a solicitude, e procederá o seu arquivo e enviará unha comunicación á socia que encabeza a lista de firmas.

No suposto de que a Presidenta non convocara no prazo de quince días dende a presentación da solicitude, ou no caso de que, efectuada a convocatoria no prazo, a data de celebración prevista sexa superior o prazo establecido nos presentes Estatutos, as promotoras estarán lexitimadas para proceder á convocatoria da Asamblea Xeral. A convocatoria irá firmada pola persoa que encabece a lista de asinantes solicitantes.

Artigo 9º. – Forma da convocatoria

1. A convocatoria da Asamblea efectuada polas persoas lexitimadas para elo, de conformidade co disposto no artigo anterior, haberá de ser comunicada cunha antelación de quince días á súa celebración e no caso de existir un tablón de anuncios, será exposta no mesmo coa mesma antelación.

2. A convocatoria deberá conter a orde do día, o lugar, data e hora de celebración.

3. A documentación necesaria e a información que fora necesaria para adoitar os diferentes acordos deberá estar a disposición das socias na Secretaría da Asociación, cunha antelación mínima de quince días á celebración da Asamblea, para que poda ser examinada polas socias.

Artigo 10º. – A Asamblea Xeral Ordinaria

A Asamblea Xeral Ordinaria haberá de convocarse con carácter ordinario cando menos unha vez o ano, na que se tratarán os seguintes puntos do día:

1. – Lectura e aprobación, se procedese, do acta da sesión anterior (no caso de Asamblea Xeral Ordinaria ou Extraordinaria).

2. – Exame e aprobación, se procedese, das contas do exercicio anterior.

3. – Exame e aprobación, se procedese dos Orzamentos do exercicio correspondente.

4. – Exame da memoria das actividades e aprobación, se procedese, da xestión da Xunta Directiva.

5. – Aprobación, se procedese, do Programa de Actividades.

Artigo 11º. – A Asamblea Xeral Extraordinaria

Con independencia dos puntos da orde do día expresados no artigo anterior, será necesaria a convocatoria da Asamblea Xeral Extraordinaria para adoitar os acordos sobre os seguintes temas:

1. – Modificación parcial ou total dos Estatutos.

2. – Disolución da Asociación.

3. – Nomeamento da Xunta Directiva.

4. – Disposición e enaxenación de bens.

5. – Constitución dunha Federación, Confederación ou Unión de Asociacións ou a súa integración nunha xa existente.

6. -Aprobación do cambio de domicilio.

Artigo 12º. – Quórum para a constitución da Asamblea

1. As Asambleas, tanto as Ordinarias como as Extraordinarias, quedarán constituídas, previa convocatoria efectuada cunha antelación de quince días, cando estean presentes a metade mais unha das asociadas con dereito a voto, e en segunda convocatoria, calquera que sexa o número de asociadas con dereito a voto.

2. A Asamblea Xeral Ordinaria será presidida e moderada por unha Mesa constituida pola Presidenta, a Secretaria e, ó menos, dúas vocais da Xunta Directiva. Cando por calquera motivo a Secretaria non poida acudir a Asamblea será substituida pola asistente mais nova da reunión. Exercerá as facultades da Secretaria da Asociación, levantando Acta da Asamblea, que será firmada por tódalas asistentes.

A Asamblea Xeral Ordinaria e as Asambleas Xeral Extraordinarias non poderán celebrarse se non están presentes a Presidenta ou a Vicepresidenta.

Artigo 13º. – Deliberación e adopción dos acordos pola Asamblea.

1. Tódolos asuntos se debaterán e votarán na secuencia na que figuren na orde do día. A Presidenta iniciará o debate abrindo un primeiro turno de intervencións, no que terá o uso da palabra, previa autorización. Do mesmo xeito, a Presidenta moderará os debates, poidendo abrir un segundo turno de intervencións ou conceder a palabra por alusións.

2. Os acordos da Asamblea Xeral adoitaranse por maioría simple das persoas presentes, cando os votos afirmativos superen os negativos.

Non obstante, requerirán maioría absoluta cualificada das persoas presentes, que resultarán cando os votos afirmativos superen a metade dos negativos, os acordos referentes á disolución da Asociación, modificación dos Estatutos, disposición ou enaxenación dos bens e remuneración das compoñentes da Xunta Directiva.

3. Os acordos da Asamblea Xeral que afecten á denominación da Asociación, domicilio, fins e actividades estatutarias, ámbito de actuación, designación das compoñentes da Xunta Directiva, apertura e peche de delegacións, constitución de federacións, confederacións e unións, disolución ou os de modificacións estatutarias, comunicarase ao Rexistro de Asociacións para a súa inscrición no prazo dun mes dende que se leve a cabo o acordo.

SECCION 2ª

A XUNTA DIRECTIVA

Artigo 15º. – Composición e duración da Xunta Directiva.

A Xunta Directiva é o órgano colexiado de goberno, representación e administración da Asociación, sen prexuízo das potestades da Asamblea Xeral como órgano supremo da mesma.

Está composta por un mínimo de 3 e un máximo de 10 membros.

A súa duración será de catro anos poidendo ser reelixidos os seus membros.

Artigo16º. – Os cargos da Xunta Directiva.

Os cargos da Xunta Directiva, que serán elixidos pola Asamblea, serán os seguintes: Presidenta, Vicepresidenta, Secretaria, Tesoureira e vocais.

O exercicio do cargo será persoal, polo que non poderá delegarse o voto para as sesións da Xunta Directiva.

Artigo 17º. – Elección das compoñentes da Xunta Directiva.

Os requisitos imprescindibles para ser membro da Xunta Directiva son: ser maior de idade, estar en pleno uso dos dereitos civís e non estar incursa nos motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.

De conformidade co disposto no artigo 11º, as compoñentes da Xunta Directiva serán elixidas, entre as socias, na Asamblea Xeral Extraordinaria.

Convocada a Asamblea Xeral para a designación da Xunta Directiva, as socias que queiran exercer o seu dereito a ser elixibles, haberán de presentar o súa candidatura colectiva, como mínimo, dez días antes da celebración da Asamblea.

Artigo 18º. – Cese dos cargos da Xunta Directiva.

1. As Compoñentes da Xunta Directiva cesarán nos seus respectivos cargos polas seguintes causas:

a) Por defunción ou declaración de falecemento.

b) Por incapacidade, inhabilitación ou incompatibilidade, de acordo co establecido no ordenamento xurídico.

c) Por resolución xudicial.

d) Por transcurso do período do seu mandato.

e) Por renuncia.

f) Por acordo adoptado en calquera momento pola Asamblea Xeneral, na forma establecida nos presentes Estatutos.

g) Pola perda da condición de socia.

2. No suposto previsto na letra d) do apartado anterior, A Xunta Directiva continuará en funcións deica se proceda a celebración da Asamblea Xeral para a elección da nova Xunta Directiva, debéndose expresar o seu carácter en cantos documentos foran asinados polos respectivos cargos.

3. Producida unha vacante nun cargo, a Xunta Directiva poderá designar a outra compeñente da mesma para a súa substitución, ata que se produza a elección dunha nova Xunta Directiva.

4. Os cesamentos e nomeamentos haberán de ser comunicados ao Rexistro de Asociacións, para a súa debida constancia e publicidade.

Artigo 19º. – A Presidenta.

Corresponde á Presidenta:

a) Ostentar a representación da Asociación ante calquera persoa, autoridade e entidade pública ou privada.

b) Convocar as reunións da Xunta Directiva e da Asamblea Xeral, presidilas, dirixir os seus debates e suspender e levantar as sesións.

c) Executar os acordos da Xunta Directiva e da Asamblea Xeral, podendo para elo realizar toda clase de actos e contratos e asinar aqueles documentos necesarios para tal fin, sen prexuízo de que os distintos órganos, ao adoitar os acordos correspondentes no exercicio das súas funcións, faculten expresamente para a súa execución a calquera membro da Xunta Directiva.

d) Cumprir e facer cumprir os acordos da Xunta Directiva e da Asamblea Xeral.

e) Ordear os gastos e pagos da Asociación.

f) Dirimir con seu voto os empates que se produzan na adopción de novos acordos dos órganos da Asociación.

g) Visar as actas e certificacións dos acordos da Xunta Directiva e da Asamblea Xeral.

h) Exercer cantas outras funcións sexan inherentes á súa condición de Presidenta da Asociación.

Artigo 20º. – A Vicepresidenta.

Corresponderá Vicepresidenta substituír a Presidenta no exercicio das súas funcións, pudendo nos casos nos que este vacante o cargo por ausencia ou enfermidade, actuar tamén en representación da Asociación en aqueles supostos nos que así se acorde pola Xunta Directiva ou Asamblea Xeral, no exercicio das súas competencias.

Articulo 21º. – A Secretaria.

1. Corresponde á Secretaria da Xunta Directiva as seguintes funcións:

a) Actuar como Secretaria nas sesións da Xunta Directiva e da Asamblea, redactar e autorizar as actas de aquelas.

b) Efectuar as convocatorias das sesións da Xunta Directiva e da Asamblea, por orden da Presidenta, así como as citacións dos membros e socias da mesma.

c) Informar á Presidenta da solicitude de convocatoria efectuada polas socias, na forma prevista no artigo 8º dos presentes Estatutos.

d) Recibir os actos de comunicación das poñentes da Xunta Directiva con este órgano, así como os das socias e polo tanto, as notificacións, peticións de datos, rectificacións ou calquera outra clase de escritos dos que deba ter coñecemento.

e) Preparar o despacho dos asuntos coa documentación correspondente que deba ser utilizada ou tida en conta, e efectuar os informes que foran necesarios.

f) Expedir certificacións dos acordos adoptados e calquera outra, co visto bo da Presidenta.

g) Ten baixo a súa responsabilidade a custodio do arquivo, documentos e libros da Asociación, a expedición do/s libros de contabilidade.

h) Xefatura do persoal administrativo da Asociación.

g) Calesquera outras funcións inherentes á súa condición de Secretaria.

2. Nos casos de ausencia ou enfermidade en xeral cando ocorra algunha causa xustificada, a Secretaria será substituída pola vocal de menor idade.

Artigo 22º. – A Tesoureira.

Corresponde a Tesouirera:

a) Recadación dos fondos da asociación, custodialos e invertilos na forma determinada pola Xunta Directiva.

b) Efectuar os pagos, co visto bo da Presidenta.

c) Intervenir coa súa sinatura todos os documentos de cobros e pagos, de conformidade coa Presidenta.

d) Levar os libros de contabilidade e o cumprimento das obrigas fiscais, en prazo e forma, da Asociación.

e) Elaboración do anteproxecto dos Orzamentos para a súa aprobación pola Xunta Directiva e posteriormente sometida a Asamblea Xeral. Do mesmo xeito se procederá con arreglo ao Estado Xeral de Contas para a súa aprobación anual pola Asamblea.

f) Calquera outra inherente á súa condición de Tesoureira, como responsable da xestión económica financeira.

Artigo 23º. – As Vogais.

Corresponde ás vogais:

a) Recibir a convocatoria da sesión de Xunta Directiva coa antelación disposta nos presentes Estatutos, contendo a orde do día.

b) Participar nos debate das sesións.

c) Exercer o seu dereito ao voto e formular o seu voto e formular o seu voto particular, así como expresar o sentido do seu voto e os motivos que o xustifican.

d) Formular rogos e preguntas.

e) Obter a información precisa para o cumprimento das funcións asignadas.

Artigo 24º. – Apoderamentos.

A Xunta Directiva poderá nomear apoderadas xerais ou especiais. Os apoderamentos xerais e a súa renovación deberán ser presentadas ante o rexistro de Asociacións, para a súa inscrición se procedese.

Artigo 25º. – Convocatorias e sesións da Xunta Directiva.

1. A Xunta Directiva reunirase, cando menos unha vez o trimestre e cantas veces sexan necesarias para o bo funcionamento da Asociación, mediante a convocatoria realizada pola Presidenta, a iniciativa propia ou calquera dos membros da Xunta.

2. A convocatoria contendo a orde do día, lugar, data e hora da súa celebración, efectuarase cunha antelación mínima de 48 horas.

3. Para a constitución válida da Xunta Directiva, a efectos da súa celebración de sesións, deliberacións e adopción de acordos, deberán estar presentes a metade dos seus membros, sendo necesaria a presenza da Presidenta e da Secretaria ou daquelas persoas que as substitúan. Do mesmo xeito quedará constituída a Xunta Directiva sen convocatoria previa, cando estando presentes todas e cada unha das súas compoñentes así se acorde por uninamidade, axustándose ao mencionado no apartado 5 do presente artigo, no referinte á adopción de acordos. As Xuntas constituídas deste xeito recibirán a denominación de Xunta Directiva Universal.

4. As deliberacións seguirán o mesmo réxime sinalado no artigo 13 para a Asamblea Xeral. Os acordos se adoitarán por maioría simple dos votos emitidos. No caso dun empate o voto da presidenta servirá para desfacer o empate.

5. Non poderá adoitarse acordo ningún que non figure na orde do día, a excepción, de que estando presentes todas as compoñentes da Xunta Directiva, o acorden por unanimidade.

6. A Presidenta da Xunta Directiva poderá invitar ás sesións da mesma con voz pero sen voto, ás persoas que estime convintes en razón da súa experiencia e coñecemento das cuestións a tratar.

Artigo 26º. – Competencias da Xunta Directiva.

A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

a) Confeccionar o Plan de Actividades.

b) Outorgar apoderamentos xerais ou especiais.

c) Organizar e desenvolver as actividades acordadas pola Asamblea Xeral.

d) Aprobar o Proxecto de Orzamentos para a súa aprobación definitiva pola Asamblea Xeneral.

e) Aprobar o estado de Contas elaborado pola Tesoureira, para a súa aprobación definitiva,se procedese, pola Asamblea Xeneral.

f) Elaborar a Memoria anual de actividades para o seu informe á Asamblea Xeneral.

g) Crear as Comisións de Traballo que estime convinte, para o desenvolvemento das funcións encomendadas e as actividades acordadas, así como para calquera outra cuestión derivadas do cumprimento dos fins sociais. As devanditas comisións regularán o seu funcionamento interno na forma que acorden na súa primeira sesión constitutiva.

h) Resolver as solicitudes relativas á admisión de socias.

i) Todos os actos propios das finalidades da asociación, sempre que non estean atribuídos á Asamblea Xeneral polos presentes Estatutos.

Artigo 27º. – Obrigas e responsabilidades das compoñentes da Xunta Directiva.

1. As Obrigas das compoñentes da Xunta Directiva son, cumprir e facer cumprir os fins da Asociación, acudir as reunións as que sexan convocadas, desempeñar o seu cargo coa debida dilixencia dunha representante leal e cumprir nas súas actuacións co determinado nas disposicións legais e nos presentes Estatutos.

2. As compoñentes da Xunta Directiva responderán fronte a Asociación dos danos ou prexuízos que causen polos actos contrarios a lei e os presentes Estatutos ou polos realizados neglixentemente. Quedarán exentas de responsabilidade aqueles que se opuxeran expresamente ao acordo determinante de tales actos ou non participase na súa adopción.

Artigo 28º. – Carácter honorífico do cargo.

As compoñentes da Xunta Directiva exercerán o seu cargo gratuitamente sen que poidan percibir retribución polo desempeño da súa función. De tódolos xeitos as integrantes da Xunta Directiva terán dereito a que os gastos que teñan no desempeño dos seus cargos lles sean reembolsados, sempre que istos esten debidamente xustificados.

SECCION 3ª

DISPOSICIÓNS COMÚNS A OS ÓRGANOS

Artigo 29º. – Impugnacións de acordos.

Os acordos da Asamblea Xeral e da Xunta Directiva poderán ser impugnados ante a orde xurisdicional civil na forma legalmente establecida. As asociadas poderán impugnar os acordos e actuacións da Asociación que consideren contrarios aos Estatutos dentro do prazo de 40 días, a partires da data de adopción dos mesmos, instando a súa rectificación ou anulación e a súa suspensión preventiva no seu caso, ou acumulando ambas pretensión polos trámites establecidos na Lei do Enxuizamento Civil.

CAPITULO IV

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E PERDA DA CONDICIÓN DE SOCIO

Artigo 30º. – Adquisición da condición de socio.

1. Para a aduisición da condición de socio son requistos: ser persoa física ou xurídica, maior de idade e non estar baixo ningunha condición legar para o exercicio do dereito.

As menores de mais de 14 anos necesitan o consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a súa capacidade.

2. Os socios deben estar vinculados ao deporte.

3. A solicitude para adquirir a condición de socio debe ser aceptada pola Xunta Directiva.

Artigo 30º. – Adquisición da condición de socia.

1. Serán socios numerarios todas aquelas persoas físicas maiores de idade que non estean baixo ningunha condición legal para o ejercicio do dereito. No caso de persoas menores de idade será requisito imprescindible dispor de autorización expresa de al menos un dos seus progenitores ou do titor lega se é o caso. Tamén serán considerados socios numerarios todas aquelas Entidades, clubs e Asociacións vinculadas o mundo do deporte. Os socios numerarios posúen dereito de voz e voto nas Asambleas convocadas.

2. Serán considerados socios colaboradores todas aquelas persoas físicas o xurídicas que colaboren de maneira desinteresada coa Asociación ben económicamente o a través de calquera outra forma de colaboración que permita levar a cabo os fins da Entidade. Os socios colaboradores participarán nas Asambleas previa convocatoria con voz pero sen dereito a voto.

Os menores de 14 anos necesitan o consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a súa capacidade.

3. Os socios deben estar vinculados ao deporte ou favorecer o desenvolvemento do mesmo en calquera dos ámbitos da sociedade.

4. A solicitude para adquirir a condición de socio debe ser aceptada pola Xunta Directiva.

Artigo 31º. – Perda da condición de socio.

1. A condición de socio perderase por algnuha das seguintes causas:

a) Pola libre vontade do asociado.

b) Por impago da cota.

c) Por incumprimento grave dos presentes Estatutos ou dos acordos validamente adoitados polos los órganos sociais.

2. No suposto da letra a) do apartado primeiro do presente artigo, será suficente coa presentación da renuncia escrita anta a Secretaria da Asociación. Os efectos serán automáticos, dende a data da súa presentación.

3. Para que opere a causa b) do apartado primeiro deste artigo, será necesaria a notificación ó socio moroso do certificado do descuberto expedido pola Tesoureira coa sinatura de conformidade da Presidenta, co obxecto de que no prazo de un mes regularice o pago das cotas adeudadas, fadendo constar que de non facelo perderá a súa condición de socio.

O socio estará suspenso do seu dereito o sufraxio activo e pasivo dende a notificación da certificación de descuberto deica non se proceda a súa regularización ou a perda definitiva da súa condición de socio.

4. Para que opere a causa c) do apartado primeiro deste artigo, será requisito indispensable o acordo suficentemente motivado pola Asemblea, adoitado por 2/3 do número de votos validamente emitidos, previa audencia do socio interesado.

CAPITULO V

DEREITOS E DEBERES DAS SOCIOS

Artigo 32º. – Dereitos das socios.

Son dereitos dos socios:

a) Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, a exercer o seus dereitos segundo sexan socios numerarios(dereito de voz e voto) ou colaboradores (dereito a voz pero non de voto), así como a asistir á Asamblea Xeral, de acordo cos presentes Estatutos.

b) Ser informados acerca da composición dos órganos de goberno e representación da Asociación, do estado das súas contas e do desenvolvemento das súas actividades.

c) Ser oídos con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra eles e ser informados dos feitos que den lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.

d) Acceder á documentación da Asociación, a través da Xunta Directiva.

e) Usar os bens e instalacións de uso común da Asociación cos mesmos dereitos e obrigas que o resto dos socios.

Artigo 33º. – Deberes dos socios.

Son deberes dos socios:

a) Compartir as finalidades da asociación e colaborar para a consecución das mesmas.

b) Pagar as cuotas, derramas e outras apartacións que, dacordo cos Estatutos, correspondan a cada socia.

c) Cumprir co resto de obrigas que resulten das disposicións estatutarias.

d) Acatar e cumprir os acordos válidamente adoptados pola Xunta Directiva e a Asamblea Xeral.

CAPITULO VI

RÉXIMEN ECONÓMICO

Artigo 34º. – Patrimonio fundacional.

O Patrimonio Fundacional da Asociación no momento da súa constitución consta de 90 euros.

Artigo 35º. – Titularidade de bens e dereitos.

A Asociación deberá de figurar como titular de todos os bens e dereitos que integran o patrimonio, que constarán no inventario e serán inscritos nos seu caso, nos Rexistros Públicos correspondentes.

Artigo 36º. – Financiación.

1. A Asociación para o desenvolvemento das súas actividades financiarase con:

a) Os recursos que proveñan do rendemento do seu patrimonio.

b) As cotas das socias ordinarias ou extraordinarias.

c) As aportacións voluntarias, donativos, herencias ou legados, aceptados pola Xunta Directiva.

d) Os donativos ou subvencións concedidas por persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas.

e) Ingresos provintes das súas actividades.

2. Os beneficios obtidos pola Asociación, derivados do exercicio de actividades económicas, incluídas nas prestacións de servizos, deberán destinarse exclusivamente ao cumprimento dos fins, sen que poida levarse a cabo un reparto entra as asociadas, os seus cónxuxes ou persoas que convivan con aquelas con análoga relación de afectividade, nin entre parentes, nin a súa cesión gratuíta a persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

Artigo 37º. – Exercicio económico, presuposto e contabilidade.

1. O exercicio económico coincidirá co ano natural, que comezará o 1 de xaneiro e rematará o 31 de Nadal de cada ano.

2. Anualmente a Xunta Directiva confeccionará o Presuposto, que será aprobado na Asemblea Xeral. A aprobación do referido Presuposto incluirá a aprobación das cotas ordinarias para o exercicio correspondente. Para levar a cabo a aprobación das cotas extraordinarias haberá de convocarse unha Asamblea Xeral Extraordinaria, coa excepción de que a Asociación non tivera liquidez e a disposición e gastos correpondentes fosen urxentes, neste caso será suficiente coa adopción do acordo polo Xunta Directiva, previo informe de Tesourería e a posterior ratificación na Asamblea Xeral no prazo dos trinta días seguintes a adopción desta medida pola Xunta Directiva.

3. A Asamblea Xeral aprobará anualmente as contas da Asociación, unha vez rematado o exercicio orzamentario correspondente.

4. A Xunta Directiva levará os libros de contabilidade que permitan obter unha imaxe fiel do patrimonio, así como da situación finaceira da Asociación.

CAPITULO VII

DISOLUCIÓN E APLICACION DO CAPITAL SOCIAL

Artigo 38º. – Disolución.

A Asociación disolverase polas seguintes causas:

a) Por acordo adoptado por maioría cualificada en Asamblea Xeral Extraordinaria.

b) Polas causas que se determinan no artigo 39 do Código Civil.

c) Por sentencia xudicial firme.

Artigo 39º. – Liquidación.

1. Acordada a disolución da Asociación, iniciarase o período de liquidación. Durante todo o período de liquidación a entidade conservará a súa personalidade xurídica.

2. As compoñentes da Xunta Directiva no momento da disolución convértense en liquidadoras, coa excepción de que as liquidadoras sexan designadas pola Asamblea Xeral ou polo xulgado que no seu caso acorde a disolución.

3. Corresponde ás liquidadoras:

a) Velar pola integridade do patrimonio da Asociación.

b) Rematar as operacións pendentes e efectuar as novas que sexan necesarias para a liquidación.

c) Cobrar os créditos da Asociación.

d) Liquidar o patrimonio e pagar as persoas acredoras.

e) Aplicar os bens sobrantes a os fins previstos polos Estatutos.

f) Solicitar a cancelación dos asentos no Rexistro.

4. O patrimonio resultante despois de pagadas as débedas e cargas socias, destinarase as entidades non lucrativas que persiga fins de interese xeral análogos aos da Asociación

5. No caso de insolvencia da Asociación, a Xunta Directiva, ou no seu caso as liquidadoras, promoverán inmediatamente o procedemento concursal ante o xulgado competente