Quenes somos?

En febreiro de 2008 nun encontro informal estivemos falando da situación das rapazas e mulleres no deporte, das nosas experiencias durante o tempo que estivemos competindo e de cal é a sitación actual á que se enfrontan as rapazas nos seus clubes. Deste xeito naceu MUDEGA.

En marzo de 2008 volvemos a reunirnos para escribir os estatutos da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas. Atopamos outras asociación similares noutros paises do noso entorno e varios grupos de traballo sobre este tema en diferentes institucións como o Consejo Superior de Deportes, o Comité Olímpico, o Parlamento Europeo e a Xunta de Galicia.

MUDEGA naceu co espiritu de fomentar a participación das rapazas e mulleres nas actividaes deportivas e de loitar contra as diferencias entre xéneros neste ámbito.